Onde flúe o Río Sor

A finais do pasado século, en 1996, intervín nun acto “Cara ao Miño”, organizado pola Plataforma pola defensa do Miño, no que confesei que “De neno, o Miño non foi o meu río; eu de pequeno tiña en Vilalba un río con tres tramos: A Pena de Miguel, Os Freires e A Magdalena. E aló, en Ourol, o fermoso río Sor. Precisamente no lugar onde os dous Sores se xuntan e forman un dos lugares máis fermosos que hai en Galicia...”.

Onde flúe o río Sor

Os habitantes daquel especial paraíso chamábano de diversas maneiras… Sonoros nomes, case todos concordantes. Podían chamarlle “Trambesoles”, “Trambosoles”, “Entrambos soles”… Nalgúns casos, tamén, ”Ambosores”. Pero daba igual, porque aquel “shangri-la” permanecía no seu lugar desde o comezo dos tempos, independentemente da xente que o habitase, independentemente da xente en xeral, como pode comprobarse na actualidade, que na práctica quedou abandonado como se unha epidemia sen nome coñecido a despoboase.

Os encantos ocultos do Sor

O río Sor ten marabillosos recantos, amplas paisaxes, forza e xenio, e marca territorios ao desembocar no Cantábrico, ao separar as terras lucenses das coruñesas nunha ría fermosísima. Pero non hai un só río Sor, senón dous. E xa que non é cousa de corrixir á natureza, os vellos habitantes daquel país decidiron que había que chamarlles igual, un sería o Río Grande e outro o Río Pequeño, e o lugar onde se xuntaban ben se podería chamar, na honra das correntes fluviais, “Ambos Sores”, e así quedou para a historia e para a xeografía, aínda que os seus habitantes un só nome lles parecera pouco.

Tamén podería ser que o nome que a xente pronunciaba fose o de “Entrambos Sores”, pero posiblemente a pronunciación fose difícil, e “Trambosoles” fose máis doado, o que tamén podería darnos pé para considerar que “Entrambos soles” fose algo máis que unha derivación por comodidade fonética… E ao situarse entre montes fose froito dunha observación secular do sol que podería asomar por tras do monte do Mouriscón, e poñerse cara ás Grañas (do sol), tendo no nacente as terras do Freixo, ao mediodía pendurado no alto do monte o grupo das tres casas da Ferraxosa, e como apéndice do Caxado a incrible imaxe do Cal do Macho, unha monumental fervenza da que a distancia non permitía distinguir movemento nin escoitar o precipitar das augas, pero si percibir maxestuosidade, fermosura, algo indescritible que ben merece unha sinfonía.

Falando de Ambosores en 1971

 

Ríos Sores… Cantos hai?

Hai un río Sor en Portugal, afluente que vai ao Texo, despois da Ponte de Alcántara. E tamén en Portugal, o Ribeira de Sor, que nace no Alentexo, pasa por Ponte de Sor e vai unirse ao Ribeira da Raia, para formar o río Sorraia. En Etiopía hai outro río Sor que nace en Woreda de Sati, e vai ao río Geba.

E en Galicia, hai outro bravo Sor que nace no Courel, e vai cara o Sil, co tamén forte río Lóuzara, cruzando o Val de Lemos.

O Sor ourensán

O escritor ourensán Chito Rivas Delgado fálame do Sor ourensán, e facilítame a información que aparece no libro “A Limia: Val da Antela e Val do Medo”, de Eligio Rivas Quintas, que informa do río que recibe o Arnoia na mesma porta de Baños, que é o que “retomando o seu antergo e verdadeiro nome, chamamos Sor”.

Paseo pola marxe dereita do río Sor ó seu paso por Maceda

“Nace ao pé da Virxe do Monte e na caeira da Cabeza de Meda. Baixa por Pardeconde (Parada Comitis na idade media) e polos Pensos do Sor (Pensum de Sor), lugar pino sobre do río, pasa por Xunqueira de Espadañedo collendo no Castelo ou Ambasmestas o río do Eirado, que baixa de Cabeza de Meda. Pasada a ponte na estrada de Ponferrada, vénlle pola dereita o Barranco de Lamas e, máis abaixo, pola dereita, un regueiro que vén do Couso e que se xunta debaixo de Zorelle (Sor-iculu) coas augas deste lugar”.

Pasarela que atravesa o río Sor e serve para cruzar do Parque Ansuíña ao Parque de As Mestras, xusto na súa desembocadura

“Chámanlle A Frieira a ese cachiño do río, porque como a auga está baixo as sombras dos amieiros, había que ter valor para bañarse no verán.  Segue o Sor bordeando a veiga, preguiceiro. A xente por aquí chámalle agora Río Xiréi ou Axiréi, nome dos eidos. Estamos por fronte da Veiga arxilosa que tanta vida ten dado a Noaiga. Bordea o río os alicerces de Maceda e despois de coller o regueiro da Piuca ou Araúxo na Follateira, entrégalle tamén a auga ao Arnoia”.

Xusto onde remata o muro de pedra, aí é onde desemboca o Sor no Arnoia


Un dos ríos do Paraíso…

O noso río chámase Sor. Xa logo veremos por que. O certo é que o fabulador Cunqueiro din que dixo que “o río Sor é un dos sete ríos do Paraíso”.

Como só Cunqueiro é capaz de escribir fermosuras coma esta, intentei ampliar a cita, e non o dei conseguido. No que coñezo de Cunqueiro non atopei nada que falase do noso fermoso río. Preguntei a especialistas… Soáballes, pero nada máis. Menciónano cada dous por tres os que queren falar de Ourol e do Sor. E eu non quero mencionar o nome de Sor en vano, e polo de agora non atopei esa cita publicada por Cunqueiro, pero non perdo a esperanza.

Un dos ríos do paraíso

Sobre o tema consulto con Antonio Reigosa, escritor amigo, Cronista oficial de Mondoñedo e polo tanto de Cunqueiro, que me facilita o artigo do xenial mindoniense, publicado no Faro de Vigo, o 19 de maio de 1953, titulado “Mayo en el Sor”

Á beira do Sor

Mayo en el Sor

Hay un verso de Musset que ha sido dicho muchas veces: “Au temps des fleurs le monde est un enfant”. Pero este verso no vale en las brañas, en las “veranías” del Sor, para decir como es el mundo. Sobre la oscura violeta de las cumbres rompe sus oros el tejal, y en las hirsutas carballeiras el aire canta ronca. Una grave madurez se aposentó en el paisaje: quietas y silenciosas están, bajo el cielo azul, las ondas antiguas de las cumbres, y solitarios los caminos, esos ásperos caminos, por veces abiertos en el granito, en el que los cristales de mica relucen, mortecinos; en estos caminos el zorro y la liebre se saludan.

Hemos descendido al río, a cruzarlo por un vado donde llaman Bébaro, es decir, el castor. Aquí sería, pues el país de la tribu fluvial y totémica, en este remanso, en el que los álamos se adentran en las claras aguas que represa un molino, blanco como una paloma. Quizás la toponimia nos juegue burlas, y Bébaro signifique otra cosa, pero solamente con pensar que pueda decir “el castor” ya está la imaginación despierta.

Árbores que conquistan o río

A la derecha, queda el castro de Cerdedo, labrado de ondulante centeno hasta la misma corona, y al abrigo del norte, al arrimo del muro, las colmenas de zumbadoras abejas.

A la izquierda se dilatan los brezales hasta las cumbres lejanas, hasta las ruinas de las torres de Crebe: un muñón, todavía almenado, en la más oscura y violenta de todas. Era de los Lanzós, dicen, y le nace una fuente al pie. ¿Qué hacía allá en lo alto, y en la inhóspita soledad, ese castillo? Era como Tobías, para la más inútil, ciega y final batalla, vana y no obstante fratricida… a la pregunta: ¿para qué nos manda Dios la batalla?, apenas hay quien ose responder, y una respuesta válida sería la profunda y decisiva explicación que aguarda la Grande y General Historia.

Todo lo que desde esa torre tenebrosa ha podido hacerse en los siglos se ha hecho con carne humana y miedo. Hubo una vez un héroe en una novela griega, cuyo nombre no recuerdo, que allí donde posaba su lanza surgía la oscura noche “como un pabellón”, alrededor del asta, y el héroe dormía a su sombra.

De esta torre podría ser tan funeral guerrero y de tan insolidaria y brutal estirpe. Loco podía cabalgar por la Faladora, por la sierra de los múltiples ecos que corre a anegarlos en el más Belle Dame Sans Merci lo habría devorado.

Antiga pontella

El Sor va al Cantábrico, a morir en la ría del Barqueiro. Labra trabajosamente su camino por el pecho de una tierra violenta, y se apresura contra las rocas. Pero por veces, como que no parece sino que el hada de las cumbres, el hada de Sor, ha posado un espejo en el suelo. El corzo, entonces, lo bebe con su boca. Pero el habitante de las brañas es el lobo. En la Historia de Vivero y su Concejo, de Donapetry, leo todo el barullo de las monterías de antaño contra el lobo. Ayer mismo, el rapaz que llevamos de espolique, lo vio en Ambosores. Y también ha visto en Muras, hace pocos días, el jabalí. Yo le pregunto si los Andrades, que hasta aquí llegaban, iban tras él alarmando la mañana.

- Non señor -me dice-. Iba un de Silán, que é coxo.

 

Xigantescas pontes para cruzar o Sor

Hemos pasado el Sor por el puente del Barquero, pero más me habría gustado pasarlo en la barca de antaño, que le dio nombre al lugar. Es mediodía cuando llegamos a la Estaca. En otros lugares, es el mar el que se acerca a la tierra y la abraza, y hace cabos y golfos, pero aquí es la tierra, enérgica voluntaria, la que va al mar y lo hiere, y la espada de piedra queda clavada en el pecho del mar, cubierta de espumas. Quizás aquí se despeñó el guerrero de Crebe, o un guerrero más antiguo todavía. Pero tan claramente sigue viniendo la tierra al mar, que quizás lleguen un día a la Estaca, a sumergirse en el mar salobre, los dorados tojos, los brezales, las fuentes claras y los regatos vivaces, toda la insólita madurez de esas cumbres y la bronca voz de los robledales. Y aullará el lobo en la Estaca, loco de hambre, de amor y de poder.

 

Os Ríos do Paraíso

Cunqueiro puido soñar sete ríos no Paraíso e eu non puiden chegar a tanto, porque desde a Xénese ata agora só se fala de catro ríos que darían vida ao Xardín das Delicias.

Para Cunqueiro, un dos ríos do Paraíso

O primeiro río sería o Pisón -o Río de ouro-, que na terra regaría as terras de Havila (Arabia?), podería ser o actual río Uizhnum, coñecido como Río de Ouro, ou podería ter desaparecido co diluvio universal.

O segundo río, Geón, que os etíopes teñen asociado co río coñecido como o Nilo Azul, pero tamén co Aras, que flúe a través de Turquía, Armenia ou Irán.

Ven logo o Hiddekel ou Tigris, moi rápido, que vai a Asiria, e co Éufrates fai nacer a Mesopotamia, berce de históricas civilizacións.

E por último, o despacioso Phrath ou Éufrates, que coa calma das augas provocaba sedimentos que levantaban o seu leito.

Xogos de luz no río

Os catro ríos do Paraíso dos crentes terían versión terreal no Nilo, Éufrates, Tigris e Amu-Darya; os ríos do mel, do leite, da auga e do viño. Do meu Sor como corrente fluvial do Paraíso, non atopo máis referencia ca a cita, quizais apócrifa, de Cunqueiro. Para un creador de mundos, un río máis ou menos no Paraíso, non ten importancia. Para os que temos especial querenza polo Sor, é todo un detalle situalo tan alto.

Os humanos tivemos tendencia a vincular a auga, os ríos, co Paraíso, terreal ou celestial. E a cifra dos catro ríos tense vinculado cos catro puntos cardinais. Coas virtudes básicas: Prudencia, Xustiza, Fortaleza e Templanza. Cos Evanxelistas: Mateo (Geon), Marcos (Tigris), Lucas (Éufrates) e Xoán (Pisón). E a tres deles coas razas bíblicas: Sem (Éufrates), Jafet (Tigris) e Cam (Nilo).

E queda como súmmum da elucubración o Preste Juan (S. XII), que soñou o río Idomo, que saía do Paraíso levando nas súas augas pedras preciosas, unha herba que botaba fóra os demos, e unha fonte marabillosa que cambiaba de sabor a cada hora e que, bebendo da súa auga tres veces en xaxún, conservaba as xentes na idade de trinta anos.

Non podo esquecer a Cunqueiro, porque para min, o Sor é o Río do Paraíso, do meu paraíso: Ambosores.

O Sor, en Ambosores

 

O noso Sor

Segundo Otero Pedrayo,“O Landrove e o Sor dibuxan vales semellantes na montaña ergueita dende a Curiscada, o Xistral e o Bustelo, alongada deica a Mariña nas serras de Sabucedo, Couteiro, Peón -chamadas en conxunto serra de Bravos-, e na de Riobarba deica os montes Faro de Vicedo sobre o mar”.

Rodríguez Lestegás acredita que “a cunca do Sor ten unha superficie de 202 Km2, e o río encárgase de trazar de sur a norte o límite administrativo entre as provincias de Lugo e A Coruña, dirixíndose cara ó extremo occidental do Cantábrico.

Vella ponte no río que veu do Freixo

O colector principal nace na ladeira setentrional do Montouto, en Muras, entre 620 e 640 metros de altitude, drena a vertente occidental da serra da Gañidoira e segue por Santar ata Ribeira, na parroquia de Ambosores, onde se xunta co río Tras da Serra, que vén do alto de San Xoán, por riba de Somede, da parroquia de O Freixo (As Pontes), para formar entrambos unha única corrente fluvial xa chamada Río Sor.

A partir de aí, o río Sor recibe a auga da ladeira oriental da Serra da Faladoira e da Coriscada e, tras circular debuxando acusados meandros encaixados, chega ata a altura de Creximil. Alí, a cunca fluvial, que xa empezara a abrir nas ribeiras do Sor, vólvese agora máis extensa para formar a parte superior da ría ou o esteiro do Sor.

A serra da Gañidoira, pola dereita, delimita o curso superior do río Sor e sepárao dos afluentes que recibe o Landro na cabeceira. A da Faladoira serve de unión entre as serras setentrionais e as centro-occidentais, pecha polo norte a depresión das Pontes e serve de divisoria hidrográfica das concas do Sor, Mera e Grande de Xubia, e de límite entre os concellos de Mañón e Ortigueira. E a serra do Xistral, pola súa envergadura, constitúe unha importante divisoria de augas con respecto aos ríos cantábricos; polo leste, os vales do Masma e do Ouro; polo oeste, os cursos do Landro e do Sor, e ademais o Eume, que se dirixe ao Atlántico”.

Xuntanza de ríos

Ata Ambosores chegan dous “Sores”, que aquí se xuntan para camiñar xuntos cara ao mar. É un río bravo, pero segundo a crenza moito máis que milenaria, respecta aos humanos que viven nas súas beiras.

Foi Bouza Brey quen divulgou a lenda sobre os tres ríos que “se orixinaron en tres fontes moi xuntas, Eume, Sor e Landro, aos que o mar lles prometeu que cada ano lle daría unha persoa á primeira das fontes que chegase deica il”.

As tres virxes irmás da Faladoira

Segundo Bouza conta, “as tres puxéronse a camiñar, mais coa envexa que se tiñan, algo cansas, botáronse a dormir, pero antes acordaron que a primeira que espertase había chamar polas outras. Espertóu unha, e en lugar de u-la promesa de espertar ás outras, marchou ela soia caladiñamente e procurando que non a viran.

Logo espertou outra, e vendo que non a chamaran, marchóu furiosa aínda que tamén caladamente, para que non o soubese a terceira. Cando esta acordóu, atopouse soa, e comezou a correr como unha tola, choutando por riba de montes e penedos, e chegóu primeiro que as irmás. É o río das Pontes de García Rodríguez, que tódolos anos ten de renda unha persoa que lle dá o mar, e por eso brúa tanto e é tan falso”.


Chamarse SOR,  chamarse AMBOSORES

Para Federico Maciñeira, Sor, viña do hebreo, e significaría “nervio”, o que se acomodaría ao río que en Ambosores coñecemos.

Manuel Rabanal, en “Nebulosas y otros escritos” (El Correo Gallego, 1992), comenta que en Galicia, ademais do Sar rosaliano, hai outro Sar, tamén coruñés, que desemboca no Atlántico ao oeste do Sor. E que con Sar e Sor hai que relacionar Ser, nome dun afluente do Navia que nace nos Ancares.

Cita a Hubschmid como defensor da crenza de que hai que acudir a unha raíz indoeuropea de Ser, co significado de “fluir torrencialmente”. E asegura que “o nome da parroquia de Ambosores contén o nome do río Sor, que aparece como Saure na documentación medieval en latín (por exemplo, nun documento de 747: «Ortigaria ripa Saure, ecclesia sancti Iacobi...». É un hidrónimo de orixe prerromana, e o seu significado orixinario sería ‘río’ “.

E Cristóbal Ramírez, en La Voz de Galicia (26/08/2012), comenta que a orixe do topónimo hai que buscalo nunha raíz céltica e significaría “fluír”, sempre relacionado coa auga, e cita como exemplos da mesma raíz o Sar e o Sarela.

Por fin, o ribadense José María Rodríguez Díaz (+2017) faloume dos hidrónimos e do maior coñecedor en Galicia deste tema, Edelmiro Bascuas (lingüista e teólogo, 1931- 2011), discípulo de Hubschmid que estudou en profundidade a toponimia dos ríos. Puiden acceder á documentación de Edelmiro Bascuas e comprobar que segundo el, Sor provén da raíz prerromana indoeuropea Sar, que significa “moverse, fluír” ou “río”. E, en canto a “Amb”, tamén de orixe prerromana, significa Auga. Polo tanto Ambosores, augas que flúen, queda vencellado para sempre á corrente de auga que cruza a parroquia.

Auga que flúe

Afirmaba Fernández Díaz que o nome de “Entrambosoles” ou “Trambosoles”, que usaban algúns pode ser unha deturpación da palabra “Entrambolossores”, para referirse con ela ao feito de que se atopaban entre os dous Sores.

Foi na Idade Media, na que aparece como “Flumen Saurium”, cando esta raíz evolucionou a “Sor”. O significado, pois, de Ambosores é o de Augas que se moven, que flúen. Ao ser dous os ríos que bañan esta parroquia aparece “Amb” en plural, Ambas. E polo tanto, condiciona o plural da segunda parte, Sores.

Ficha de Ambosores, de Edelmiro Bascuas

Concluía que, con relación a Ambosores parroquia, o seu nome recíbeo do río, e non ao contrario, porque os pobos son máis recentes que os ríos e reciben deles o nome.


O río que nos leva…

Todo o mundo fala do Sor de preto do mar. Case ninguén se acorda do Sor alto, quizais pola distancia e dificultade.

Cando se fala do Sor -e levo revisado ducias de publicacións- para min que uns copian de outros, todos copian (copiamos) de todos. Outro tanto vou facer eu, pero acudo a quen sabía - Enrique Fernández Llano, forestal, estudoso de mámoas e castros, ríos e montes, ao que coñecín nos anos setenta - que no Heraldo de Vivero publicou o 19 de febreiro de 1988 a crónica do Sor:  

 

 

Palabra de Fernández Llano

El río Sor

Esta importante corriente de agua continua, con cuenca fluvial propia, es el resultado de la unión de varias fuentes y arroyos de alta montaña, que tienen su origen a más de 650 metros de altitud, en Muras y El Freixo, en la parte norte de la primera depresión que forma la cordillera cantábrica que da lugar a esta vertiente fluvial.

En esta zona se forman dos principales ríos, uno al este, conocido por río das Louseiras, que tiene su fuente principal en Montouto, al que se unen después los arroyos de las Veigas de Piocorto, Couce de Paredes, Vedosas, que nace en la fuente de Sebrán, y el Sumeiro en la parte de Santar, con buenos accesos en los puentes de Lombao, Outeiro y Rodas, finalizando el recorrido en la Ribeira da Señora.

Na Ribeira da Señora

Al oeste, entre Muras y el Freixo, por la parte de Tras da Serra, hay otro río que viene de las Veigas da Nate, Abeledo y Sucadío, al que van las aguas de la Fuente de la Armada de Rioseco, uniéndose en la Carballosa, siguiendo a las Pandas, Sanguñido, Couce Mouro, Mouriscón y Niño de Azor, para en la misma Ribeira da Señora, en Ambosores, con la unión del río anterior, formar el auténtico río Sor, de un curso total de 40 kilómetros, hasta su unión con el mar Cantábrico.

Chegando a Ambosores, cruzando o Sor

Desde Ambosores, con cauce profundo y un largo desfiladero, llegan a él por la margen izquierda los arroyos de toda la vertiente de la Sierra Faladora y Coriscada, son de corto recorrido y escaso caudal, el Batán, Solloso, Casateite, Arganzo, Rosario, Troitín, Seixo, San Roque y Malvide,

De la margen derecha recibe las aguas fluviales que se forman en las fuentes que tienen su nacimiento en las parroquias de Ambosores, San Pantaleón, Cabanas, Riobarba y Negradas, e incluso en el rego do Batán, de Riobarba, su origen es en las Fuentes de Lamarruba, en la Silvarosa; son por lo tanto por esta parte afluentes el Fragachá, río de San Pantaleón, Porto-Cabanas, río do Batán y el rego de Salgueiros.

El río Sor es el límite natural entre Lugo y Coruña, desde la Panda en el Freixo, todavía denominado río de Tras da Serra, hasta la Portatrona, en Negradas; de aquí sigue en línea recta por zona de montes arbolados para en Las Pozas, ya en trozo marítimo terrestre, volver a ser límite provincial.

En su accidentado recorrido, de sur a norte, cruza parajes excepcionales, de inenarrable belleza, con restos de abundantes “fragas”, que son el paraíso de la flora, fauna y avifauna, mereciendo el calificativo de “Sitios naturales”. Ya Plinio y Estrabón, en los albores de nuestra era, manifestaron que el río Sor era muy escabroso y todas sus cuencas tupidas de espesos bosques.

Veñen as augas do Sor cara a Ambosores, desde o Freixo e desde Muras. Do Freixo, de Tras da Serra, en terra agora dominada por un parque eólico, preto do embalse da Ribeira… De Muras, o Santar. E os dous ramais se unen na Ribeira de Ambosores, onde o Sor xa é río, camiño do seu final.

Xa río, en Ambosores

Medio cento de quilómetros entre A Coruña e Lugo, por As Pontes e Mañón, por Muras, Ourol e O Vicedo. Aliméntano ríos como o Toxoso e San Pantaleón, Batán e Coruiña… E outros máis modestos como o Rego do do Paxariño, Rego do Pozo Mouro, ou o Rego da Fraga Chá… A el van parar as augas da Gañidoira, da Faladoira e Curiscada, e cando chega ao mar, xa gran río, separa ou xunta terras coruñesas e lucenses, formando no Barqueiro unha das máis fermosas das Rías Altas de Galicia.

O Gran Sor do Barqueiro

Pero a nós, os que amamos o río bravo do comezo, o río neno ou mozo que identifica Ambosores, polo de agora chéganos con saber que estamos vendo nacer a corrente fluvial que se chama Sor desde o século XVIII, que aló polo século XIII deron en chamarlle Sol, e moito antes -desde o VIII ata o XII- era denominado “Saure”, “Saur” e “Saurum”. Pero isto son xa palabras maiores.

Un busca Ambosores, de Ourol. E atopa un mundo. E ten que esquecer o resto para que as árbores non impidan ver o bosque. Quédome con Trambosoles. E deixo que a miña memoria flúa, e asómbrome do que un neno pode absorber, do que é posible lembrar setenta anos despois. Só hai que deixar que abrollen os recordos para revivir aquela felicidade da patria que nunca volverá doutro xeito.

Ten o Sor sona de río troiteiro, e en tempos o salmón remontaba a súa corrente. Eu unha vez fun acompañante de pescador sen cana, o crego Eduardo Losada, do que eu fun monago, que ía pescar á man, atopando e collendo troitas baixo das pedras, algo que a min me deixou impresionado porque me parecía imposible.

 

A conca do Sor

Pescudando en publicacións científicas, chamoume a atención un estudo sobre a conca do Sor do que son autores J. Filgueiras, Alberto Rojo e Pablo Ramil: “O Plan de Ordenación do Medio Físico da Conca do Sor”.

Os autores pertencen á Escola Politénica Superior de Lugo (USC), e o plan foi presentado -e publicado no libro resume- no Congreso de Ordenación e Xestión Sostible de Montes, celebrado en Santiago de Compostela do 4 ao 9 de outubro de 1999.

Consideran a conca do Río Sor como unidade xeográfica “polos seus valores ambientais, as condicións socioeconómicas concretas, capacidade produtiva e características morfolóxicas, paisaxísticas e recreativas“.

Árbores que marcan o fluír do Sor

O Plan comprendía:

   • Inventario de características ambientais e socioeconómicas.
   • Obxectivos de ordenación do solo.
   • Xestión, tendo en conta o Planeamento municipal, a propiedade, e a situación socioeconómica.

A conca correspóndese cun área de baixa densidade demográfica, poboación diseminada en núcleos dispersos, dominada polos usos agrícolas e forestais, que favorece a existencia dunha serie de hábitats naturais desde os acantilados, marismas e praias ata os brezais húmidos atlánticos, pasando polas fragas e os bosques riparios.

As fragas e alisedas riparias son os hábitats que alcanzan un maior valor global, seguidos polo brezal hidrófilo, os escobonais e os bosques mixtos de ribeira, todos eles exclusivos da conca.

Faise fincapé na diminución da poboación rural, o envellecemento e o pequeno tamaño das explotacións.

Bosques riparios

O plan incide en:

   • Conservación e restauración de hábitats naturais.
   • Optimización de actividades produtivas.
   • Mantemento e rexuvenecemento da poboación.

Establécense:

   • Zonas de formacións arbóreas riparias (nas ribeiras).
   • Zonas de produción forestal extensiva.
   • Zonas de gandería extensiva.

Neste mesmo Congreso presentouse unha comunicación sobre “Determinación do control que exerce o clima sobre o crecemento de Quercus Robur L. na conca baixa do río Sor”, polos autores Ignacio García González, Elvira Díaz Vizcaíno e Antonio Martínez Cortizas, con traballos de campo en masas forestais no Arganzo e na Ribeira do Bispo.

Enmarcando o gran Sor